Ed Wood (filme)
filme de 1994 dirixido por Tim Burton / From Wikipedia, the free encyclopedia
Ed Wood é un filme estadounidense de 1994, dirixida por Tim Burton, que narra a vida de Edward D. Wood Jr. O personaxe de Edward D. Wood é interpretado por Johnny Depp. É a única película de Tim Burton na que a música non está realizada por Danny Elfman, estándoo neste caso feita por Howard Shore.
Datos rápidos Ed Wood, Ficha técnica ...
Ed Wood | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Ed Wood |
Director | Tim Burton |
Produtor | Tim Burton Denise Di Novi |
Guión | Scott Alexander Larry Karaszewski |
Baseado en | Nightmare of Ecstasy de Rudolph Grey |
Intérpretes | Johnny Depp Martin Landau Patricia Arquette Sarah Jessica Parker Jeffrey Jones Lisa Marie Bill Murray |
Música | Howard Shore |
Fotografía | Stefan Czapsky (en branco e negro) |
Montaxe | Chris Lebenzon |
Estudio | Touchstone Pictures |
Distribuidora | Buena Vista Pictures |
Estrea | 30 de setembro de 1994 |
Duración | 127 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia |
Orzamento | $18 000 000 |
Recadación | $5 887 457 |
Na rede | |
Pechar
Edward D. Wood Jr. foi un director de cine que pasou desapercibido ós ollos da xente. Ata a súa morte en 1978 quedara esquecido, pero ese mesmo ano publicouse un libro, The Golden Turkey Awards, que o definía como o peor director de cine de tódolos tempos.