Emilio Butragueño
futbolista español / From Wikipedia, the free encyclopedia
Emilio Butragueño Santos, nado en Madrid o 22 de xullo de 1963, é un exfutbolista español, que xogaba como dianteiro. Está considerado como un dos mellores dianteiros españois de tódolos tempos.[1][2] Xogador histórico do Real Madrid, desenvolveu nese club case toda a súa carreira deportiva e liderou a chamada "Quinta do Voitre", unha xeración de futbolistas que logrou numerosos éxitos para o equipo branco nas décadas de 1980 e 1990.
Butragueño | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Emilio Butragueño Santos | ||
Nacemento | 22 de xullo de 1963 | ||
Lugar de nacemento | Madrid | ||
Altura | 168 centímetros | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
Casariche | |||
1981–1982 | Real Madrid | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1982–1984 | Castilla | 65 | (37) |
1984–1995 | Real Madrid | 341 | (123) |
1995–1998 | Celaya | 91 | (29) |
Selección nacional | |||
1983–1984 | España sub-21 | 5 | (2) |
2018 | España afeccionados | 1 | (1) |
1985–1992 | España | 69 | (26) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Militou durante 12 tempadas no primeiro equipo do Real Madrid, acumulando 463 partidos e 170 goles, e gañou un total de 15 títulos, así como un Trofeo Pichichi. Quedou terceiro en dúas ocasións nas votacións ao Balón de Ouro, en 1986 e 1987, e foi incluído na lista FIFA 100, xunto cos considerados 123 mellores futbolistas da historia. Pechou a súa carreira en 1998, despois de ter xogado tres anos co Atlético Celaya de México.[1]
Foi 69 veces internacional coa selección española, e con 26 goles foi o máximo goleador histórico desta desde que superou en 1990 a Alfredo Di Stéfano, ata que foi superado á súa vez por Fernando Hierro no 2001.
Trala súa retirada ocupou varios cargos no Real Madrid, entre eles o de director deportivo.