Enrique Líster
militar e dirixente comunista galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Enrique Liste Forján, coñecido como Enrique Líster, nado en Ameneiro (Calo, Teo) o 21 de abril de 1907 e finado en Madrid o 8 de decembro de 1994[1], foi un militante comunista e dirixente militar republicano galego, que combateu na guerra civil española e na Segunda guerra mundial.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Enrique Líster Forján 21 de abril de 1907 Ameneiro, España |
Morte | 8 de decembro de 1994 (87 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio Civil de Madrid |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Escola Lenin (pt) |
Actividade | |
Ocupación | Canteiro, político e militar |
Período de actividade | 1936 - |
Partido político | Partido Comunista de España |
Lingua | Lingua castelá |
Carreira militar | |
Lealdade | Unión Soviética |
Rama militar | Exército Popular da República |
Rango militar | Xeneral |
Comandante de (OBSOLETO) | Quinto Regimiento, 1ª Brigada Mista (pt) e 11th Division (en) |
Conflito | Guerra civil española e Fronte Oriental (segunda guerra mundial) |
Familia | |
Irmáns | Constante Liste Forján e Faustino Liste Forján |
Premios | |
Recibiu formación militar na Unión Soviética, en academias do Exército Vermello e durante a guerra civil española tivo un destacado papel organizando e dirixindo as milicias do Quinto Rexemento. Posteriormente pasou a mandar varias unidades do Exército Popular da República. En menos de dous anos pasou de mandar unha brigada mixta a dirixir todo un corpo do exército, o famoso V Corpo do Exército. Pero ao final da guerra, tivo que marchar do país, exiliándose de novo na Unión Soviética, onde ampliou os seus estudos militares e chegou a Xeneral, participando na Segunda guerra mundial.
Lister foi un dos membros do núcleo duro do Partido Comunista de España e acabaría por enfrontarse a Santiago Carrillo polo seu abandono das teses marxista-leninistas que o partido seguira anteriormente. Debido a isto abandonou o PCE e fundou en 1973 o Partido Comunista Obreiro Español (PCOE), o cal volveu integrar en 1986 no PCE, logo de que este expulsase a Carrillo.