Escudo de Aragón
From Wikipedia, the free encyclopedia
O escudo de Aragón é o símbolo heráldico que representa a Aragón. Componse de catro cuarteis que, na configuración adoptada, se difundiron con predominio sobre outras ordenacións heráldicas, tendendo a consolidarse dende a Idade Moderna para arraigar decididamente no século XIX e ser aprobado pola Real Academia da Historia en 1921. A súa descrición e uso está regulado pola "Lei sobre o uso da Bandeira e Escudo de Aragón" (Lei 2/1984, de 16 de abril; B.O.A. n.o 5, de 18 de abril de 1984) no artigo 4t.[1]