Escudo do Senegal
From Wikipedia, the free encyclopedia
O escudo de armas do Senegal é un dos símbolos nacionais do país. Representa a un león rampante na parte esquerda e un baobab na dereita, franqueados por dúas follas de palma e coroados por unha estrela verde de cinco puntas. Foi adoptado cinco anos despois de que o país conseguise a súa independencia. Os dous símbolos do escudo xa estiveran nos emblemas senegaleses con anterioridade.