Estéreo (unidade)
From Wikipedia, the free encyclopedia
O estéreo (abreviado st) ou volume amoreado[1] é unha unidade de volume do Sistema métrico decimal.
É unha unidade obsoleta, a pesar de que aínda siga a ser utilizada, pero é preferíbel utilizar o m³.
O estéro estima, por aproximación, a cantidade ou peso (de dito volume) de madeira (como leña, madeira serrada, ou carbón) a procesar, transportar, ou amorear; e exprésase obtendo o ancho, longo e alto medio dun metro cúbico (1 m³) en total.[2]
Para un cálculo de material neto, aplícaselle un factor (marxe de erro) de corrección que "desconte" os espazos de entre o material, xeneralízase (xa que depende de varios factores que modifican o índice en si mesmo) dicindo que tipicamente dado un estéreo obteníamos 0,66 m³ de madeira.[3]
A unidade é utilizada amplamente na actividade forestal e a industria madeireira.[4]