Estado Bolívar
estado / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Estado Bolívar é unha das 24 entidades federais de Venezuela, situada na Rexión Güiana, ao sueste do país.
Ten unha extensión xeográfica de 238800 km², o que representa o 25,96 % do territorio nacional, o que o fai o estado máis grande de Venezuela.
O seu territorio está ocupado case na súa totalidade polo macizo güianés.
Ten, segundo a estimación do Instituto Nacional de Estatística de Venezuela para o ano 2015, unha poboación de 1.824.190 de habitantes,[1] o que o converte no 7º estado máis poboado de Venezuela.
Limita ao norte cos estados de Guárico, Anzoátegui, Monagas e Delta Amacuro, ao sur co Brasil, ao leste coa Güiana Esequiba, en disputa coa República Cooperativa de Güiana, e ao oeste cos estados de Apure e Amazonas.
A súa capital é Ciudad Bolívar, e comprende 11 municipios autónomos con 47 parroquias. As súas principais cidades son, ademais da capital, Ciudad Guayana (a máis poboada do estado), Upata e Caicara del Orinoco.