Leonhard Paul Euler, nado en Basilea o 15 de abril de 1707 e finado en San Petersburgo o 18 de setembro de 1783, foi un matemático e físico suízo, que pasou a meirande parte da súa vida en Rusia e Alemaña. Considérase a Euler coma o matemático máis importante do século XVIII e un dos máis grandes e prolíficos de tódolos tempos.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Leonhard Euler Retrato de Jakob Emanuel Handmann (cara 1756)[1] (Deutsches Museum, Múnic) |
Biografía |
---|
Nacemento | 15 de abril de 1707 Basilea (Antiga Confederación Suíza)
|
---|
Morte | 18 de setembro de 1783 (76 anos) San Petersburgo, Imperio Ruso |
---|
Causa da morte | hemorraxia cerebral |
---|
Lugar de sepultura | Smolensky Lutheran Cemetery (en) (–1957) Cemitério Lazarevskoe (pt) (1957–) 59°55′N 30°23′L |
---|
|
|
|
|
Datos persoais |
---|
Residencia | Rusia, Alemaña e Suíza |
---|
País de nacionalidade | suízo |
---|
Relixión | Protestantismo |
---|
Educación | Universidade de Basilea |
---|
Director de tese | Johann Bernoulli (pt) |
---|
Coñecido por | Número e Identidade de Euler Característica de Euler Fórmula de Euler |
---|
Actividade |
---|
Campo de traballo | Matemático e físico |
---|
Lugar de traballo | Berlín (1741–1766) San Petersburgo (1727–) San Petersburgo Basilea Berlín |
---|
Ocupación | matemático , astrónomo , científico , inventor , Executivo , teórico da música , profesor universitario , escritor , físico , xeógrafo |
---|
Empregador | Academia das Ciencias de San Petersburgo Academia Prusiana das Ciencias Academic University at the St. Petersburg Academy of Sciences (en) |
---|
Membro de | |
---|
Profesores | Johann Bernoulli (pt) |
---|
Alumnos | Mikhail Golovin (en) , Petr Inokhodtsev (en) , Semen Kotelnikov (en) , Anders Johan Lexell, Stepan Rumovsky (pt) , Nicolaus Fuss (pt) , Johann Euler (pt) e Joseph-Louis Lagrange |
---|
Influencias | |
---|
Lingua | Lingua latina, lingua alemá, lingua francesa e lingua rusa |
---|
Obra |
---|
Obras destacables |
Doutorando | Johann Friedrich Hennert Joseph Louis Lagrange |
---|
Familia |
---|
Cónxuxe | Salomea Abigail Euler (1776–) Katharina Euler (1733–) |
---|
Fillos | Johann Euler (pt) () Katharina Euler (en) Christoph Euler (pt) () Katharina Euler (en) Carl Euler (en) () Katharina Euler (en) |
---|
Pais | Paul III Euler (en) e Marguerite Brucker (en) |
---|
Premios |
|
|
|
Pechar
Euler fixo descubrimentos importantes en campos diversos coma o cálculo infinitesimal e a teoría de grafos. Tamén introduciu gran parte da notación e terminoloxía matemática moderna, especialmente na análise matemática, coma a noción de función[2]. Tamén é recoñecido polas súas contribucións á mecánica, á óptica, e á astronomía.
Calcúlase que as súas obras completas reunidas poderían ocupar entre 60 e 80 volumes.[3] Unha afirmación atribuída a Pierre Simon Laplace expresa a influencia de Euler nos matemáticos posteriores: «Lean a Euler, lean a Euler, el é o mestre de todos nós.»[4]