Eurocopa de Fútbol 2020 - Final
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Final da UEFA Euro 2020 será o partido de fútbol que determine os gañadores da Eurocopa 2020. O partido será a 16ª final do Campionato Europeo da UEFA, un torneo cuadrienal disputado polos equipos nacionais masculinos das asociacións membros da UEFA para decidir os Campións de Europa. O partido disputarase no Wembley Stadium en Londres, Inglaterra, o 11 de xullo de 2021 e será disputado por Inglaterra e Italia, vencedores das súas respectivas semifinais.[1]
Nome na lingua orixinal | (en) UEFA Euro 2020 Final | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Tipo | UEFA Euro Final (en) | ||||||
Deporte | fútbol | ||||||
Organizador | UEFA | ||||||
Parte de | Campeonato Europeu de Futebol de 2020 – Fase final (pt) | ||||||
Participantes | |||||||
Localización e Datas | |||||||
Localización | Wembley Stadium (Brent (pt) ) 51°33′20″N 0°16′46″O | ||||||
País | Reino Unido | ||||||
Data | 11 de xullo de 2021 | ||||||
Competición | |||||||
| |||||||
Árbitro | Björn Kuipers (pt) (Países Baixos) | ||||||
Primeiro posto | Italia | ||||||
Datos estatísticos | |||||||
Xogador Máis Valioso | Leonardo Bonucci↔ Italia | ||||||
Número de espectadores | 67.173 | ||||||
Outro | |||||||
Páxina web oficial | uefa.com… | ||||||
- Artigo principal: Eurocopa de Fútbol 2020.
Italia conseguiu gañar a final por 3–2 en penaltis tras un empate a 1 despois da prórroga.[2] Italia gañou o Campionato de Europa por primeira vez desde 1968.[3][4] Foi a primeira aparición histórica de Inglaterra nunha final da Eurocopa, así como a segunda vez que unha final europea se decide nos lanzamentos de penalti.