Fórmula E
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Fórmula E, oficialmente denominada Campionato de Fórmula E da FIA, é unha competición automobilística internacional organizada pola Federación Internacional do Automóbil na que se empregan monoprazas open wheel potenciados por enerxía eléctrica. Esta competición foi creada con intención de servir de laboratorio de investigación e desenvolvemento de vehículos ecolóxicos para promover e acelerar a súa popularidade. Por esta razón, o campionato serve como escaparate de innovacións nun marco que combina a tecnoloxía co deporte. A Fórmula E fundouse en 2012, pero a tempada inaugural non comezou ata setembro de 2014. Esa tempada finalizou en xuño de 2015. Todos os coches son fabricados da mesma maneira: McLaren subministra os motores, as transmisións e os sistemas eléctricos; Dallara constrúe os chasis; Williams fai as baterías; e Michelin proporciona os pneumáticos. Cada piloto ten á súa disposición dous monoprazas iguais.
Campionato de Fórmula E da FIA | |
---|---|
Fundación | 2014 |
Rexión | Internacional |
Equipos | 10 Amlin Aguri Andretti Audi Sport ABT Dragon Racing e.dams Renault Mahindra Racing NEXTEV TCR Trulli Venturi Virgin Racing |
Actual campión | Nelson Piquet Jr. (pilotos) NEXTEV Team China Racing (equipos) |
Sitio web | www.fiaformulae.com |
Tempada 2014-15 da Fórmula E |