Fútbol Club Barcelona (balonmán)
club español de balonmán / From Wikipedia, the free encyclopedia
A sección de balonmán do Futbol Club Barcelona foi creada o 29 de novembro de 1942 e actualmente compite co nome de FC Barcelona Intersport por motivos de patrocinio. É o club máis laureado do mundo en balonmán, ao ser o equipo que máis títulos acumula do Estado español e de Europa. Viviu a súa época dourada nos anos 90, cando baixo a dirección de Valero Rivera, triunfou en tódalas competicións nas que participou, incluíndo cinco Copas de Europa de xeito consecutivo entre os anos 1996 e o 2000 e foi coñecido como o Dream Team do balonmán. No ano 2011 volveuse coroar como o mellor equipo de Europa ao conquistar a súa oitava Copa de Europa.
Nome do club | Futbol Club Barcelona | ||
Fundado | 1942 | ||
Pavillón | Palau Blaugrana, Barcelona | ||
Capacidade | 8.250 | ||
Presidente | Josep Maria Bartomeu | ||
Adestrador | Xavi Pascual | ||
Liga | Liga ASOBAL | ||
2011-12 | 1º | ||
Equipamentos |
|
O pavillón no que o FC Barcelona xoga os seus partidos como local é o Palau Blaugrana, con capacidade para 8.250 espectadores.