FC St. Pauli
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Fußball-Club St. Pauli é un club polideportivo alemán con sede no barrio de Hamburgo de Sankt Pauli (Hamburg-Mitte). A sección de fútbol é a de maior importancia do club, mais tamén posúe equipos de rugby, fútbol americano, béisbol, boxeo, xadrez, ciclismo ou balonmán, entre outros.
St. Pauli | |||
---|---|---|---|
Nome | Fußball-Club St. Pauli | ||
Alcume(s) | Die Freibeuter der Liga (Os piratas da Liga) Kiezkicker | ||
Fundación | 15 de maio de 1910 | ||
Estadio | Millerntor-Stadion Hamburgo | ||
Inauguración | 1963 | ||
Capacidade | 24.487 | ||
Presidente | Stefan Orth | ||
Adestrador | André Schubert | ||
Liga | 2. Bundesliga | ||
2021/22 | 5.º | ||
Vestimenta | Do you football | ||
Patrocinador | Ein Platz an der Sonne | ||
Na rede | |||
http://www.fcstpauli.com/ | |||
| |||
Na tempada 2003-04 descenderon até a Regionalliga, nese momento a terceira división do fútbol en Alemaña, e permaneceron alí durante catro anos. En 2007 o St. Pauli ascendeu de novo á 2. Fußball-Bundesliga, división na que compite actualmente tras descender en 2011 da 1. Bundesliga, máxima categoría do fútbol xermano.
Aínda que a nivel futbolístico o equipo non obtivo demasiados éxitos, é amplamente recoñecido por ser un club de culto debido ás súas peculiaridades únicas, entre as cales está o uso de bandeiras piratas como emblema oficioso, competir nun torneo internacional de seleccións co nome de "República de St. Pauli" ou declararse antifascista nos propios estatutos do club.