Festival de Eurovisión 2007
From Wikipedia, the free encyclopedia
O LII Festival da Canción de Eurovisión celebrouse na cidade de Helsinqui, Finlandia no ano 2007. Finlandia gañara o dereito de celebrar o festival tras a vitoria de Lordi o ano anterior no Festival de Eurovisión 2006 celebrado en Atenas, Grecia. O festival consistiu nunha semifinal, que tivo lugar o 10 de maio de 2007 e a final, celebrada o 12 de maio no Hartwall Areena cunha capacidade para 14.000 espectadores.
Festival de Eurovisión 2007 | |
---|---|
Datas | |
Final | 10 e 12 de maio |
Anfitrión | |
Lugar | Hartwall Areena Helsinqui, |
Presentador(es) | Jaana Pelkonen e Mikko Leppilampi |
Supervisor executivo | Svante Stockselius |
Televisión anfitrioa | |
Apertura | Semifinal: Apertura - Bailes fineses con música de Johanna Juhola Final: Apertura - Lordi interpretando "Hard Rock Hallelujah" |
Acto(s) intermedio(s) | Semifinal - Tsuumi Final: Apocalyptica |
Participantes | |
Participantes | 24 finalistas 42 participantes |
Países que debutan | Xeorxia Montenegro República Checa Serbia |
Países que retornan | Austria Hungría |
Países que se retiran | Mónaco |
Mapa
| |
Votacións | |
Canción gañadora | "Molitva", Marija Šerifović |
Festival de Eurovisión | |
◄2006 2008► |
Nesta edición do festival participaron 42 países membros da Unión Europea de Radiodifusión, quen organizou o festival xunto coa cadea finesa YLE. O número de países participantes superou o límite de 40 que había ata entón grazas a incorporación de Xeorxia, República Checa, Serbia e Montenegro (estes dous últimos xa competiran con anterioridade pero como Serbia e Montenegro, ademais Austria e Hungría volveron ao festival e só Mónaco decidiu non participar.[1]