Festival de Eurovisión 2016
From Wikipedia, the free encyclopedia
O LXI Festival da Canción de Eurovisión celebrouse no Globen Arena da cidade de Estocolmo, Suecia os días 10, 12 e 14 de maio de 2016, logo de que o seu representante Måns Zelmerlöw obtivese a vitoria coa canción «Heroes» na edición de 2015.[4][5] Foi a sexta vez que Suecia organizou un Festival de Eurovisión, sendo a anterior ocasión a edición de 2013. Foi por outra banda a terceira vez de Estocolmo como cidade anfitrioa tras os festivais de 1975 e 2000.[6] O evento foi presentado de novo pola anfitrioa da edición de 2013, Petra Mede, e o gañador da edición anterior Måns Zelmerlöw.
Festival de Eurovisión 2016 | |
---|---|
Datas | |
Semi-final 1 | 10 de maio |
Semi-final 2 | 12 de maio |
Final | 14 de maio |
Anfitrión | |
Lugar | Globen Arena Estocolmo, Suecia |
Presentador(es) | Måns Zelmerlöw Petra Mede |
Participantes | |
Participantes | 42 [1][2] |
Países que retornan | Bosnia e Hercegovina Bulgaria Croacia Ucraína |
Países que se retiran | Portugal Romanía |
Mapa
| |
Votacións | |
Canción gañadora | "1944", Jamala Ucraína [3] |
Festival de Eurovisión | |
◄2015 2017► |
Nesta edición participaron 42 países. Bosnia e Hercegovina, Bulgaria, Croacia e Ucraína regresaron ao festival, e Australia volveu despois de debutar como país invitado na edición pasada; por outra banda, Portugal foi o único país retirado respecto da edición anterior. Nun primeiro momento ía participar Romanía porén, trala expulsión da TVR da Unión Europea de Radiodifusión, o país perdeu o dereito a participar nesta edición.[2]
O festival foi notable por ser a primeira vez desde 1975 na que o procedemento de votación cambiou de xeito considerable: cada país outorgou 1-8, 10 e 12 puntos en dúas ocasións, unha polo xurado profesional e outra polo televoto. Na final, as votacións do televoto de todos os países anunciáronse de forma conxunta, unha vez que os portavoces de todos os países anunciaron os votos do xurado do xeito tradicional. O peso do xurado e televoto foi do 50% respecto ao resultado global respectivamente.[7]