Festival de Eurovisión 2021
65ª edición do Festival da Canción de Eurovisión / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Festival da Canción de Eurovisión 2021 foi a 65ª edición do festival. Celebrouse en Rotterdam, Países Baixos, grazas á vitoria do mesmo país en 2019 coa canción "Arcade" de Duncan Laurence. Estaba previsto que o Festival de Eurovisión 2020 fose celebrado nos Países Baixos, antes de cancelarse dada a pandemia europea de COVID-19. Esta foi a quinta vez en que os Países Baixos celebran o festival, seguindo ás edicións de 1958, 1970, 1976 e 1980. Organizado pola Unión Europea de Radiodifusión (UER) e as emisoras anfitrioas Nederlandse Publieke Omroep (NPO), Nederlandse Omroep Stichting (NOS) e AVROTROS, o festival foi celebrado no Rotterdam Ahoy e consistiu en dúas semifinais os días 18 e 20 de maio, e unha final o 22 de maio de 2021. A UER debatiu con respecto á prórroga do festival de 2020 para o 2021, e moitos países participantes elixiron os mesmos artistas que ían representarlles en 2020. Os tres espectáculos en directo foron presentados por Chantal Janzen, Edsilia Rombley, Jan Smit e Nikkie de Jager.
Festival de Eurovisión 2021 Open Up | |
---|---|
Datas | |
Semi-final 1 | 18 de maio de 2021 |
Semi-final 2 | 20 de maio de 2021 |
Final | 22 de maio de 2021 |
Anfitrión | |
Lugar | Rotterdam Ahoy Rotterdam, Países Baixos |
Presentador(es) | Chantal Janzen Edsilia Rombley Jan Smit Nikkie de Jager |
Director | Marnix Kaart Marc Pos Daniel Jelinek |
Supervisor executivo | Martin Österdahl |
Produtor executivo | Sietse Bakker Astrid Dutrénit |
Televisión anfitrioa | |
Apertura |
|
Acto(s) intermedio(s) |
|
Participantes | |
Participantes | 39 |
Países que debutan | Ningún |
Países que retornan | Bulgaria Ucraína |
Países que se retiran | Armenia Belarús Hungría Montenegro |
Mapa
| |
Votacións | |
Sistema de votación | Primeiro preséntanse os votos dos xurados nacionais de maneira individual, que outorgan de 1 a 8 puntos, 10 puntos (aparecen automaticamente nas pantallas), e 12 puntos no formato tradicional, dicindo en voz alta a que país lle corresponden.
En segundo lugar preséntanse os resultados do televoto, no que cada país entrega de 1 a 8, 10 e 12 puntos ás cancións preferidas. Todos eses votos súmanse e son entregados a cada país de menor a maior puntuación, de maneira conxunta. |
Cero puntos | Reino Unido[nota 1] |
Canción gañadora | Italia "Zitti e buoni" |
Festival de Eurovisión | |
◄2020 2022► |
39 países participaron este ano no festival, dos cales 26 reelixiron os mesmos artistas previamente seleccionados para o festival de 2020 (aínda que con distintas cancións, como ditan as normas do festival). Bulgaria e Ucraína volveron tras as súas ausencias no festival de 2019, mentres que Hungría e Montenegro non regresaron tras a súa participación en 2019. Armenia e Belarús tiñan planeado participar, pero Armenia abandonou máis tarde debido á súa crise sociopolítica provocada polo conflito de Nagorno-Karabakh e Belarús foi descualificada tras descubriren que a súa proposta violaba as normas do festival.
O gañador foi Italia coa canción “Zitti e buoni”, interpretada por Måneskin e escrita polos membros da banda Damiano David, Ethan Torchio, Thomas Raggi e Victoria De Angelis. Esta foi a terceira vitoria de Italia no festival, seguindo as de 1964 e 1990, converténdose no segundo membro do denominado “Big Five” en gañar o festival dende que se estableceu o grupo, despois da vitoria de Alemaña en 2010. Asemade, son a primeira banda en gañar o festival desde a vitoria de Lordi por Finlandia en 2006. Francia, Suíza, Islandia e Ucraína completaron os cinco primeiros postos, con Francia e Suíza conseguindo os seus mellores resultados desde 1991 e 1993 respectivamente. Foi a quinta vez que o gañador do festival non rematou co maior número de votos do xurado, dende a súa reintrodución xunto co televoto en 2009; Suíza foi o gañador do xurado, mentres que Italia gañou o televoto. Amais, por vez primeira desde o ano 1995, ningunha das cancións dos tres primeiros postos foi interpretada en inglés.
Así mesmo, por primeira vez desde que se inaugurou o sistema de voto actual, implementado en 2016, catro países recibiron cero puntos do televoto: o país organizador Países Baixos, España, Alemaña e o Reino Unido, este último sendo o primeiro país en recibir cero puntos por parte de xurado e televoto ao mesmo tempo. Esta foi a quinta vez que o país anfitrión rematou nos últimos cinco postos da clasificación dende 2015, cos Países Baixos finalizando na posición 23 na final, así como a segunda vez que o Reino Unido recibiu cero puntos no festival, seguindo ao 2003. Por vez primeira desde a súa estrea en 2015, Australia non logrou cualificarse para a final, deixando a Ucraína como o único país que nunca quedou eliminado nas semifinais desde a súa introdución en 2004.[nota 2]
A UER anunciou que o festival tivo unha audiencia de 183 millóns de espectadores en 36 mercados europeos, o que supón un aumento de 1 millón de espectadores — aproximadamente dun 0.55% — respecto á edición anterior[6], mais cun aumento considerable do sete por cento no rango de idade de 15 a 24 anos.[7]