Festival de Eurovisión Júnior 2014
From Wikipedia, the free encyclopedia
O XII Festival da Canción de Eurovisión Júnior celebrouse o 15 de novembro de 2014 na illa mediterránea de Malta. Foi a primeira vez que este país acolle o concurso e, tras a vitoria de Gaia Cauchi coa súa canción The start na edición anterior, é a terceira vez na historia do festival que o evento foi organizado polo país gañador do ano anterior (os outros foron Armenia no 2011 e Ucraína no 2013).
Datos rápidos Festival de Eurovisión Júnior 2014 #Together, Datas ...
Festival de Eurovisión Júnior 2014 #Together | |
---|---|
Datas | |
Final | 15 de novembro de 2014 |
Anfitrión | |
Lugar | Malta Shipbuilding, Marsa, Malta |
Presentador(es) | Moira Delia |
Televisión anfitrioa | PBS Malta |
Participantes | |
Participantes | 16 |
Países que debutan | Eslovenia Italia Montenegro |
Países que retornan | Bulgaria Chipre Croacia Serbia |
Países que se retiran | Acerbaixán Macedonia Moldavia |
Mapa
| |
Votacións | |
Sistema de votación | Cada país da 1-8, 10 e 12 puntos ás cancións máis votadas. Tódolos participantes comezan con 12 puntos. |
Canción gañadora | Tu Primo Grande Amore, Vincenzo Cantiello |
Festival de Eurovisión Júnior | |
◄2013 2015► |
Pechar
Esta edición non se designou nunha cidade sede. En lugar disto, decidiuse que o anfitrión fora a totalidade da Malta.
O 9 de maio de 2014, a UER, nunha rolda de prensa dentro do Festival de Eurovisión 2014, desvelou o logo e o lema elixido para o 2014: #Together (en galego, #Xuntos).