Festival da Canción de Sanremo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Festival da Canción de San Remo (en italiano: Festival della canzone italiana ou Festival di Sanremo) é un certame musical anualmente organizado en San Remo (Liguria, Italia) desde o seu inicio, ocorrido o 29 de xaneiro de 1951.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Festival da Canción Italiana de San Remo | |
---|---|
O Teatro Ariston de San Remo durante a última noite do festival de 2013 | |
Localización | San Remo, Italia |
Anos | 1951-presente |
Nº edicións | 66 |
Fundadores | |
Data | Febreiro |
Xénero | Musical |
Organizador | |
Web oficial | www.sanremo.rai.it |
Na rede |
Co paso dos anos, cambiou a miúdo a súa fórmula, pero basicamente trátase dunha competición na que algúns intérpretes de cancións orixinais, compostas por autores italianos, reciben votos por parte do xurado ou do público. É o festival da canción máis famoso de Italia e converteuse nun dos principais eventos dos medios da televisión italiana, que produce debates e polémicas en todas as súas edicións.
O festival levouse a cabo no Teatro Ariston a partir de 1977 —orixinalmente a sede era o Casino de Sanremo (1951-1976)—, normalmente entre finais de febreiro e comezos de marzo. O Festival da Canción San Remo foi transmitido por primeira vez en Rai 1 en 1955, transmitido en branco e negro até 1972 e desde 1973 en cor.