Ficción
simulación da realidade que realizan as obras literarias, cinematográficas ou doutro tipo / From Wikipedia, the free encyclopedia
Denomínase ficción á simulación da realidade que realizan as obras literarias, cinematográficas ou doutro tipo, cando presentan un mundo imaxinario ao receptor. O termo procede do latín fictus ("finxido", "inventado"), participio do verbo fingere.
Porén, non todos os feitos presentados nunha ficción son necesariamente imaxinarios; é o caso por exemplo da novela histórica, que toma para base feitos históricos revelados, pero que aproveita as vacuidades da Historia para presentar personaxes ou acontecementos, sacados da imaxinación do autor.