Filmes de Bosnia e Hercegovina propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Bosnia e Hercegovina presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] por primeira vez no ano 1994. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]
Até o ano 2023, Bosnia e Hercegovina presentou vinte e tres filmes para a súa consideración por parte da Academia dos Óscar. Só un deles, Ničija zemlja de Danis Tanović (2001), foi nomeado para o premio e finalmente conseguiu o galardón na 74ª edición dos premios.[5] Outros tres filmes de Tanović foron presentados como candidatos de Bosnia e Hercegovina. Moitos actores e directores bosníacos traballaron en filme presentados por Iugoslavia antes da disolución do país no ano 1991.