Filmes de Dinamarca propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Dinamarca presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] dende 1956, ano no que se creou o premio. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]
Até o ano 2023, trece filmes conseguiron ser nomeados ó Óscar ó mellor filme internacional: Qivitoq (1958), Paw (1959), Harry og kammertjeneren (1960), Babettes gæstebud (1987), Pelle Erobreren (1988), Dansen med Regitze (1989), Efter brylluppet (2006), Hævnen (2010), En kongelig affære (2012), Jagten (2013), Krigen (2015), Druk (2020) e Flee (2021). Catro deses filmes gañaron finalmente o Óscar, Babettes gæstebud (1987), Pelle Erobreren (1988), Hævnen (2010), Druk (2020) e Flee (2021).