Filmes propostos ó mellor filme internacional na 42ª edición dos Óscar
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os seguintes 24 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 42ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa. Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación de Alxeria, Francia, Suecia, a Unión Soviética e Iugoslavia.
Alxeria, que presentou un filme por vez primeira, converteuse no primeiro país africano en recibir un nomeamento nesta categoría. Alxeria acabou gañando o premio (por primeira e única vez) co suspense político Z, unha coprodución con Francia.[1]