Filmes propostos ó mellor filme internacional na 77ª edición dos Óscar
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Esta é unha lista dos filmes propostos na 77ª edición dos Óscar para o mellor filme en lingua non inglesa.[1] A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS) convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar un filme para o Óscar ó mellor filme internacional cada ano dende que o premio foi creado na edición de 1956.[2] O premio é presentado anualmente pola Academia para un filme producido fóra dos Estados Unidos cun diálogo maioritariamente en lingua non inglesa. O Comité do Premio Internacional de Longametraxes supervisa o proceso e revisa todos os filmes enviados.
A lista oficial de filmes aceptados incluíu 51 filmes. Malaisia presentou un filme por primeira vez.[3] Os candidatos de Colombia, Hong Kong e Ucraína foron rexeitados antes de comezar o proceso formal de revisión, mais Colombia presentou outro filme no seu canto.[4][5] Os cinco nomeados (Alemaña, Francia, España, Suecia e Suráfrica) anunciáronse o 25 de xaneiro de 2005.[6] O galardón recaeu sobre España, co filme Mar adentro dirixido por Alejandro Amenábar.[7]