Filmes propostos ó mellor filme internacional na 83ª edición dos Óscar
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Esta é unha lista dos filmes propostos na 83ª edición dos Óscar para o mellor filme en lingua non inglesa.[1] A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS) convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar un filme para o Óscar ó mellor filme internacional cada ano dende que o premio foi creado na edición de 1956.[2] O premio é presentado anualmente pola Academia para un filme producido fóra dos Estados Unidos cun diálogo maioritariamente en lingua non inglesa.[2][3] O Comité do Premio Internacional de Longametraxes supervisa o proceso e revisa todos os filmes enviados.[3]
Os filmes candidatos debían terse estreado nos cinemas dos seus respectivos países entre o 1 de outubro de 2009 e o 30 de setembro de 2010.[3]
En total, 66 países propuxeron filmes para a súa consideración. Groenlandia e Etiopía enviaron filmes por primeira vez.[4]
A lista curta de nove candidatos anunciouse o 19 de xaneiro de 2011[5] e os cinco candidatos (Alxeria, o Canadá, Dinamarca, Grecia e México) anunciáronse seis días despois.[3][6] O filme dinamarqués Hævnen de Susanne Bier gañou o premio.[7]