Flandres francés
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Flandres francés (Flandre française en francés, Frans-Vlaanderen en neerlandés) é unha rexión non administrativa que ocupa o terzo setentrional do departamento de Norte, en Francia.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Flandres (homónimos).
Datos rápidos Localización, Poboación ...
Localización | |||
---|---|---|---|
Estado | Francia | ||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||
Rexións | Altos de Francia | ||
Departamento | Norte, Francia | ||
Poboación | |||
Lingua usada | lingua francesa French Flemish (en) | ||
Xeografía | |||
Bañado por | Mar do Norte e Canal da Mancha | ||
Pechar
1. Distínguense varias rexións naturais no Westhoek (parte do Flandres francés comprendida entre o Lys e o Mar do Norte onde se fala o neerlandés):
- o Blootland «terra deserta» ou Chaira marítima (coa cidade de Dunkerque).
- o Houtland «terra dos bosques» (coas cidades de Cassel, Hazebrouck e Bailleul).
- a Chaira do Lys.
Este territorio corresponde hoxe ao distrito de Dunkerque.
2. Ademais do Westhoek (chamado tamén Flandres Marítimo), o Flandres francés inclúe outra parte ao redor de Lille que se chama en ocasións Flandres de Lille, Flandres galicante, Flandres romance ou Flandres valón.
Este territorio corresponde hoxe aos distritos de Lille e Douai.