Formación e evolución do sistema solar
From Wikipedia, the free encyclopedia
As teorías sobre a formación e evolución do Sistema Solar son complexas e variadas, interrelacionando varias disciplinas científicas, dende a astronomía e a física até a xeoloxía e a ciencia planetaria. A través dos séculos, moitas teorías sobre a súa formación foron propostas, pero non foi até o século XVII cando tivo lugar o desenvolvemento da teoría moderna. Co amencer da era espacial, as imaxes e estruturas doutros mundos no Sistema Solar refinaron a nosa comprensión, mentres que os avances en física nuclear déronnos a nosa primeira visión dos procesos que afrontaron a estrelas, e conducíronnos ás primeiras teorías da súa formación e destrución final.
- Artigos principais: Sistema Solar e Evolución estelar