Frederico II de Hohenstaufen,[1] nado o 26 de decembro de 1194 en Iesi, na Pentápole, Sacro Imperio Romano Xermánico, e finado o 13 de decembro de 1250 en Castel Fiorentino, Sacro Imperio Romano Xermánico, foi rei de Sicilia, rei de Alemaña (fomalmente, Rei de romanos) e de Xerusalén, e emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico.
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Frederico II Hohenstaufen |
Nome orixinal | (de) Friedrich II von Staufen |
---|
Biografía |
---|
Nacemento | 26 de decembro de 1194 Jesi (pt) |
---|
Morte | 13 de decembro de 1250 (55 anos) Fiorentino (en) |
---|
Causa da morte | disentería |
---|
Lugar de sepultura | Catedral de Palermo |
---|
|
|
Rei de Xerusalén |
---|
|
|
1225 – 1228 |
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico |
---|
1220 – 1250 |
Lista de soberanos de Sicilia e Nápoles |
---|
|
|
Rei dos Romanos |
---|
|
Duque de Suabia |
---|
|
|
|
|
|
Datos persoais |
---|
Residencia | Palermo |
---|
País de nacionalidade | Sacro Imperio Romano Xermánico Reino de Sicilia |
---|
Relixión | Ateísmo |
---|
Actividade |
---|
Ocupación | monarca , poeta , escritor , monarca |
---|
Movemento | Epicureísmo |
---|
Lingua | Lingua latina, Lingua siciliana, lingua alemá, lingua francesa, lingua grega e árabe |
---|
Carreira militar |
---|
Conflito | Sexta Cruzada (pt) |
---|
Outro |
---|
Título | Duque |
---|
Familia | Dinastía Hohenstaufen |
---|
Cónxuxe | Bianca Lancia (1244–1244) Isabel da Inglaterra (1235, 1235 (Gregoriano)–1241) Iolanda de Xerusalén (1225, 1225 (Gregoriano)–1228) Constança de Aragão (1209, 1209 (Gregoriano)–1222) |
---|
Parella | Bianca Lancia (pt) Adelaide di Urslingen (en) Ruchina von Beilstein (en) |
---|
Fillos | Henrique II de Suabia () Constança de Aragão (pt) Henry of Hohenstaufen (en) () Isabel da Inglaterra (pt) Violante di Svevia (en) () Bianca Lancia (pt) Richard von Chieti (en) () Jordan of Germany Hohenstaufen (en) () Isabel da Inglaterra (pt) Margherita de Svevia (en) () NN (en) Agnes of Germany Hohenstaufen (en) () Isabel da Inglaterra (pt) Selvaggia of Staufen (en) () Frederico de Pettorano (pt) () Enzio da Sardenha (pt) () Adelaide di Urslingen (en) Conrado IV da Germânia (pt) () Iolanda de Xerusalén Frederico de Antioquia (pt) () Margarida da Sicília (pt) () Isabel da Inglaterra (pt) Manfredo de Hohenstaufen () Bianca Lancia (pt) Ana de Hohenstaufen (pt) () Bianca Lancia (pt) Caterina da Marano (en) () |
---|
Pais | Henrique VI e Constanza de Hauteville |
---|
Parentes | Frederico I do Sacro Imperio Romano Xermánico (avó) Roxerio II de Sicilia (avó) Ezzelino III da Romano (en) (xenro) |
---|
Cronoloxía |
---|
|
1245 | excomuñón |
1239 | excomuñón |
1228-1230 | excomuñón |
29 de setembro de 1227 | excomuñón
|
|
|
|
|
|
|
Pechar
Era neto de Frederico Barbarroxa e de Roxerio II de Hauteville, e foi unha das figuras máis interesantes da historia universal polas súas cualidades extraordinarias e o seu carácter excéntrico, distinto ao dos homes da súa época e adiantado a eles en máis dun sentido.
A súa personalidade, pouco convencional, levábao a romper de continuo cos usos e costumes do seu tempo, razón pola cal alcumárono xa en vida co adxectivo stupor mundi 'asombro do mundo'. Tamén foi alcumado como puer Apuliae 'fillo da Puglia', novo Mesías, redentor e principe da paz. E, polas súas continuas desavinzas co papado, foi chamado o Anticristo, perseguidor da Igrexa e herexe.[2] Foi tamén un dos escritores máis representativos da escola siciliana, escola que el fundou.