Fußball-Bundesliga
competición entre os equipos de fútbol da máxima categoría de Alemaña / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Fußball-Bundesliga é a competición entre os equipos de fútbol da máxima categoría de Alemaña. Comezouse a disputar en 1963, a partir dos campionatos rexionais ou zonais que se disputaban ata entón. Xunto coa Zweite Bundesliga ou 2. Bundesliga, forman as dúas divisións nacionais do fútbol alemán. En 1997 foi elixida como mellor campionato de primeira división de fútbol do mundo.
Fußball-Bundesliga | |
---|---|
Fundación | 1963 |
Rexión | Alemaña |
Confederación | UEFA |
Equipos | 18 |
Copa | DFB-Pokal |
Descenso | 2. Bundesliga |
Internacional | UEFA Champions League UEFA Europa League |
Actual campión | Bayern München (31º título) (2021–22) |
Máis laureado | Bayern München (31 títulos) |
Televisión | Sky Deutschland ARD ZDF SPORT1 |
Organizador | Deutscher Fußball-Bund |
Sitio web | www.bundesliga.de |
Bundesliga 2022-2023 |
Na Bundesliga o chamado clásico enfronta ao Bayern de Múnic contra o Werder Bremen.[1] Tamén existe outro clásico, o Schalke 04 contra o Borussia Dortmund, este é por razóns xeográficas.[2] Outro clásico é o chamado clásico do sur e o norte: o Bayern de Múnic contra o Hamburgo SV.[3]
A Bundesliga é considerada como a sexta mellor liga do mundo segundo a clasificación oficial da Federación Internacional de Historia e Estatística de Fútbol (IFFHS).[4]