Gáldar
From Wikipedia, the free encyclopedia
Gáldar é unha cidade e un municipio pertencente ás Illas Canarias, concretamente na provincia das Palmas (España). Está situado ao noroeste da illa de Gran Canaria, lindando con Agaete, Artenara e Santa María da Guía de Gran Canaria. As súas cordenadas son 28°5′N, 15°32′O e ten unha altitude media de 124 m. En Gáldar atópase un dos sitios arqueolóxicos máis represenativos dos que existen nas Canarias, a Cova Pintada, que exhibe unha valiosa mostra da arte realizada polos antigos indíxenas canarios. O actual alcalde é Teodoro Sosa Monzón, do Bloque Nacionalista Rural-NC.
Datos rápidos Localización, Capital ...
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Illas Canarias | ||||
Provincia | Las Palmas | ||||
Capital | Gáldar (en) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 24.678 (2023) (400,68 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 61,59 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 124 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Santiago o Maior | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Teodoro Claret Sosa Monzon (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 35460 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 35009 | ||||
Páxina web | galdar.es:8081… |
Pechar