Georges Vézina
xogador de hóckey sobre xeo canadense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Joseph Georges Gonzague Vézina, nado o 21 de xaneiro de 1887 en Chicoutimi, Quebec (Canadá) e finado o 27 de marzo de 1926 ibídem, foi un xogador profesional de hóckey sobre xeo que xogou de porteiro sete tempadas na National Hockey Association (NHA) e nove na National Hockey League (NHL), todas cos Montreal Canadiens. Logo de asinar cos Canadiens en 1910, Vézina xogou en 327 partidos de liga regular consecutivos e outros 39 nos play-offs, antes de saír antes de tempo durante un partido en 1925 a causa dunha enfermidade. Vézina foi diagnosticado con tuberculose, e morreu o 27 de marzo de 1926.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 21 de xaneiro de 1887 Saguenay, Canadá (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 27 de marzo de 1926 (39 anos) Chicoutimi, Canadá (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | tuberculose | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Canadá | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 168 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 185 lb | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xogador de hóckey sobre xeo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1910 - 1925 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Canadá | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | hóckey sobre xeo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | National Hockey League | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Porteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mano para tirar | left-handed shot (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
O único porteiro en xogar para os Canadiens entre 1910 e 1925, Vézina axudou ao equipo a gañar a Stanley Cup en 1916 e 1924, chegando ás finais da Stanley Cup noutras tres ocasións. Alcumado "Chicoutimi Cucumber" pola súa compostura tranquila na portería, Vézina conseguiu o menor número de goles en contra na liga en sete ocasións durante a súa carreira: catro veces na NHA e tres na NHL. En 1918, Vézina converteuse no primeiro porteiro da NHL en rexistrar un shutout[lower-alpha 1] e conseguir unha asistencia de gol. Ao principio da tempada 1926-27, os Canadiens doaron o Vezina Trophy á NHL como premio ao porteiro que conseguira menos goles en contra durante a tempada. Dende 1981, o premio ten sido entregado ao porteiro máis destacado determinado polo voto dos directores xerais da NHL. Na localidade natal de Vézina, Chicoutimi, o seu pavillón deportivo recibe o nome de Centre Georges-Vézina no seu honor. Cando abriu o Hockey Hall of Fame en 1945, Vézina foi unha das nove personalidades introducidas.