Glutamato monosódico
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O glutamato sódico[1], tamén coñecido como glutamato monosódico (GMS, MSG polas siglas en inglés de monosodium glutamate), é o sal do ácido glutámico, un dos aminoácidos non esenciais máis abundantes na natureza.[2]
Glutamato monosódico | |
---|---|
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O GMS foi clasificado como xeralmente recoñecido como seguro (GRAS) pola FDA dos Estados Unidos e un aditivo alimentario pola Unión Europea. O GMS ten o código HS 29224220 e o número E E621[3] , aínda que seguen a facerse estudos sobre a súa seguridade, por exemplo un estudo de 2022 sinalou o glutamato como causante de fatiga por esforzo mental.[4]
O glutamato que forma parte do GMS proporciona o mesmo sabor umami que o glutamato presente noutros alimentos. Ambos son químicamente idénticos.[5]
O GMS é comercializado e usado pola industria alimentaria como potenciador do sabor [6] ou realçador de sabor no Brasil e noutros países, porque equilibra, mestura e mellora o carácter doutros sabores. [7] [8] Algúns nomes comerciais do glutamato monosódico son AJI-NO-MOTO®, Vetsin e Ac'cent.