Golfo de Urabá
From Wikipedia, the free encyclopedia
O golfo de Urabá é a zona máis austral do mar Caribe localizado en Colombia. Ten unha área aproximada de 1800 km². Está contido dentro do golfo de Darién, é unha pequena lingua de mar que se estende ao sur, entre o cabo Caribaná e o cabo Tiburón na fronteira de Colombia e Panamá, e que inclúe as costas da cidade portuaria de Turbo. O delta do río Atrato esténdese cara ao golfo.[1]
Golfo | |
---|---|
Localización administrativa | |
Estado | Colombia |
Subdivisión | Departamentos de Antioquia e Chocó (COL) |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Mar Caribe (océano Atlántico) |
Continente | América do Sur |
Xeografía | |
Afluentes | Río Atrato (750 km) |
Cidades ribeiregas | Turbo, Necoclí e Acandí |
Accidentes | |
Golfos e baías | Bahia Colombia |
Cabos | Cabo Tiburón |
Características | |
Mapa | |
Mapa da rexión do Darién na límite de Colombia e Panamá | |
A temperatura media é de 28 °C e dada varias condicións climáticas e xeolóxicas, entre elas os ventos que proceden do oeste, as cordilleiras de Baudó e Darién, e a enorme humidade relativa (entre 85 e 98%), nesta zona rexístranse as precipitacións pluviométricas maiores de todo o continente americano, cun rango de precipitación que supera por varios centos os 10 000 mm anuais.[1]
Ás súas beiras sitúanse as poboacións de Turbo, Necoclí e Acandí, e antigamente a cidade de Santa María la Antiga del Darién que foi o primeiro asentamento europeo en Colombia.[1]