Gran Danés
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Danés, Dogo Alemán ou Alano Alemán é unha raza canina coñecida polo seu gran tamaño e personalidade delicada, considerado como o «Apolo entre todas as razas» pola Federación Cinolóxica Internacional.
O Gran Danés, aínda sendo unha raza xigante, non debe de ser torpe no seu andar e movementos. O seu carácter debe ser amigábel e nunca tímido.
A súa constitución é forte e musculosa; non é nin lixeira nin dobre. Os machos deben ser de constitución máis forte cás femias.
A forma dos machos é cadrada; é tan alto coma longo. Ás femias "permiteselles" ser lixeiramente máis longas ca altas. A distancia da cruz aos ombreiros é igual có dos ombreiros ao chan.