Gran Premio de Mónaco de 1996
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio de Mónaco de 1996 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 19 de maio de 1996 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. A carreira correuse con choiva e foi a sexta carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1996, disputada en principio sobre 78 voltas, gañouna Olivier Panis anotando a súa única vitoria na Fórmula Un, logrando a última vitoria na Fórmula Un para o equipo Ligier (e o primeiro para o fabricante do motor Mugen Motorsports) logo de cambiar aos pneumáticos lisos nunha parada en boxes moi oportuna. En virtude do regulamento, a carreira detívose no límite de dúas horas desde o inicio, cando se completaron 75 voltas das 78 que estaban previstas. Dos 22 coches, só catro chegaron á liña de meta.
Datos rápidos Detalles da carreira, Pole position ...
Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 6 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1996. | ||
Trazado do circuíto de Mónaco. | ||
Data | 19 de maio de 1996 | |
Nome oficial | LIV Gran Premio de Mónaco | |
Localización | Circuíto de Mónaco Monte Carlo, Principado de Mónaco | |
Percorrido | Circuíto urbano 3´328 km | |
Distancia | 78 (75) voltas, 259´584 (249´600) km | |
Clima | Nubrado, amornado e húmido nun primeiro momento, seco máis tarde e choiva lixeira no final. | |
Pole position | ||
Piloto | Michael Schumacher | Ferrari |
Tempo | 1:20.356 | |
Volta rápida | ||
Piloto | Jean Alesi | Benetton-Renault |
Tempo | 1:25.205 na volta 59 | |
Podio | ||
Primeiro | Olivier Panis | Ligier-Mugen-Honda |
Segundo | David Coulthard | McLaren-Mercedes |
Terceiro | Johnny Herbert | Sauber-Ford |
Pechar