Gran Teatro La Fenice
teatro de ópera en Venecia (Italia) / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Teatro La Fenice ou simplemente La Fenice (o fénix) é un dos teatros de ópera máis famosos do mundo. Atópase na cidade de Venecia (Italia) e nel foron estreadas algunhas das óperas italianas máis famosas. O teatro foi destruído várias veces e reedificado, actualmente é a sede dunha importante tempada operística e do festival internacional de música contemporánea.
Datos rápidos Cidade, País ...
Gran Teatro La Fenice | |
---|---|
Fachada do teatro. | |
Cidade | Venecia |
País | Italia |
Arquitecto/s | Gian Antonio Selva |
Capacidade | 1.000 |
Inauguración | 16 de maio de 1792 |
Reapertura | 12 de novembro de 2003 |
Páxina web | http://www.teatrolafenice.it/ |
Pechar