Grupo Local
From Wikipedia, the free encyclopedia
Na astronomía, denominase Grupo Local ó grupo de galaxias na que se atopa a nosa, a Vía Láctea.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Está dominado por dúas galaxias espirais xigantes, Andrómeda e a Vía Láctea. O resto de galaxias, unhas 30, son máis pequenas; moitas delas son galaxias satélite (ver galaxia anana) dunha das máis grandes.
As galaxias libres xiran en torno ó centro de masas do grupo, situado entre Andrómeda e a Vía Láctea. Ademais, o noso Grupo Local está contido dentro do supercúmulo de Virgo, o seu centro gravitatorio é denominado Grande Atractor, cara ó cal se dirixe o Grupo Local.
Dentro do Grupo Local, coñécense tres sistemas dominados por galaxias masivas actuando coma centros de gravidade, e varias galaxias actuando coma satélites:
- Sistema de Andrómeda (M31): M32, M110, NGC 147, NGC 185, Andrómeda I, Andrómeda II, Andrómeda III, Andrómeda IV, Andrómeda V, Andrómeda VI e Andrómeda VII.
- Sistema da Vía Láctea: Anana de Saxitario, Gran Nube de Magalláns, Pequena Nube de Magalláns, Anana da Osa Menor, Anana de Draco, Anana de Carina, Anana de Sextans, Anana de Sculptor, Anana de Fornax, Leo I, Leo II e Anana de Tucana.
- Sistema do Triángulo (M33): a terceira maior galaxia e a única espiral no Grupo Local, pode ou non ser unha compañeira da Galáxia de Andrômeda, apenas ten unha galaxia satélite, a Anana de Pisces (LGS 3)