Guerra de Afganistán (1978-1992)
From Wikipedia, the free encyclopedia
A guerra de Afganistán foi un conflito que se estendeu entre abril de 1978 e abril de 1992, e que constituíu a primeira etapa da guerra civil afgá. Considerado como parte da guerra fría, enfrontou ao goberno afgán apoiado polas forzas armadas soviéticas, contra os chamados muxahidins, grupos de insurxentes de varias nacionalidades, na súa maioría combatentes islamistas. Os insurxentes recibiron formación militar nas veciñas Paquistán e China,[8] ademais de millóns de dólares de Estados Unidos, Reino Unido, Arabia Saudita, e outros países.[2][3][4][8][20] Os máis de dez anos de guerra provocaron que moitos afgáns fuxiran do seu país, con destino principalmente a Paquistán e Irán. Ademais dos que morreron en combate, centos de miles de civís afgás foron asasinados.
Guerra de Afganistán | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Guerra civil afgá e a Guerra fría | |||||||||
Loitadores muxahidins na Provincia de Kunar en Afganistán, no ano 1987 | |||||||||
| |||||||||
Belixerantes | |||||||||
Unión Soviética |
Muxahidíns
Apoiados por | ||||||||
Líderes | |||||||||
Leonid Brezhnev Yuri Andropov Konstantin Chernenko Mikhail Gorbachev Dmitriy Ustinov Sergei Sokolov Dmitriy Yazov Valentin Varennikov Igor Rodionov Boris Gromov Babrak Karmal Mohammad Najibullah Abdul Rashid Dostum Abdul Qadir Dagarwal Shahnawaz Tanai Mohammed Rafie |
Ahmad Shah Massoud Abdul Haq Abdullah Azzam Ismail Khan Gulbuddin Hekmatyar Jalaluddin Haqqani Mullah Naqib Abdul Rahim Wardak Fazal Haq Mujahid Burhanuddin Rabbani Osama bin Laden Xeneral Zia-ul-Haq Akhtar Abdur Rahman | ||||||||
Forzas en combate | |||||||||
Forzas soviéticas:
Forzas afgás:
|
Muxahidíns: | ||||||||
Baixas | |||||||||
Forzas soviéticas:
14.453 asasinados (en total)
53.753 feridos[16] 312 desaparecidos[17] Forzas afgás: 18.000 asasinados[18] |
Muxahidíns:
75.000–90.000 asasinados, +75.000 feridos (estimación)[19] |
Na orixe do conflito encóntrase o triunfo en 1978 da Revolución de Saur e a chegada ao poder dun goberno socialista liderado polo Partido Democrático Popular de Afganistán, que iniciou unha serie de profundas reformas de modernización do país e repartimento da terra. Estas reformas provocaron unha forte oposición nos sectores máis conservadores do país, así como no estamento relixioso e de poder, e comezaron a producirse rebelións armadas ao longo do territorio, apoiadas polos Estados Unidos coa chamada Operación Ciclón, que subministrou armas e un amplo financiamento aos rebeldes islámicos muxahidins.
En 1979 o goberno afgán pediu a intervención da Unión Soviética. Tras negarse nun principio a intervir, esta acabou por entrar no país despois do asasinato do líder da Revolución, Nur Muhammad Taraki, por parte de Hafizullah Amín. Así, o 24 de decembro de 1979 comezou o despregue do 40º Exército soviético en Afganistán, baixo o mando de Leonid Brezhnev.[21] Os soviéticos executaron ao ditador Amin e subiron ao poder a Babrak Karmal. Os combates contra os muxahidins alongáronse durante nove anos, ata que a intervención soviética no conflito rematou trala firma do Acordos de Xenebra entre a República Democrática de Afganistán e Paquistán. A retirada xeral das tropas comezou o 15 de maio de 1988, e concluíu o 15 de febreiro de 1989, baixo o mando do último presidente soviético, Mikhail Gorbachev. Con todo, os enfrontamentos entre as tropas gobernamentais e os muxahidins continuaron ata abril de 1992, ata a caída do goberno da República Democrática de Afganistán e a instauración do Estado Islámico de Afganistán.[22][23][24]