Hans Guido Freiherr von Bülow, nado o 8 de xaneiro de 1830 en Dresde (daquela no Reino de Saxonia e actualmente en Alemaña) e finado o 12 de febreiro de 1894 no Cairo (Exipto), foi un pianista, director de orquestra e compositor alemán. Foi un dos máis famosos directores do século XIX, e a súa actividade foi fundamental para o establecemento do éxito dalgúns dos compositores máis importantes da época, especialmente Richard Wagner e Johannes Brahms. Xunto con Carl Tausig, Bülow foi quizais o máis destacado dos primeiros alumnos do virtuoso pianista húngaro, director e compositor Franz Liszt. Mantivo unha relación e casou coa filla de Liszt, Cosima, que máis tarde o deixaría por Wagner. Coñecido polas súas interpretacións das obras de Ludwig van Beethoven, foi un dos primeiros músicos europeos en realizar xiras polos Estados Unidos. Foi director da Berliner Philharmoniker entre 1887 e 1893.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Hans von Bülow (1889) |
Biografía |
---|
Nacemento | (de) Hans Guido von Bülow 8 de xaneiro de 1830 Dresden |
---|
Morte | 12 de febreiro de 1894 (64 anos) O Cairo |
---|
Lugar de sepultura | Cemitério de Ohlsdorf (pt) , V22 (1-8) |
---|
|
|
|
|
Datos persoais |
---|
País de nacionalidade | Reino de Saxonia |
---|
Educación | Universidade de Leipzig |
---|
Actividade |
---|
Campo de traballo | Dirección de orquestra, interpretación de piano e música |
---|
Lugar de traballo | Praga |
---|
Ocupación | compositor , director de orquestra , pianista , profesor de música |
---|
Empregador | Klindworth-Scharwenka Conservatory (en) |
---|
Membro de | |
---|
Xénero artístico | Música clásica |
---|
Profesores | Friedrich Wieck (pt) e Franz Liszt |
---|
Alumnos | Karl Heinrich Barth (pt) , Agathe Backer-Grøndahl (pt) , Asger Hamerik (en) , Lothar Kempter (en) , Sophie Menter (pt) , José Viana da Mota (pt) e Clara Kathleen Rogers (pt) |
---|
Lingua | Lingua alemá |
---|
Instrumento | Piano |
---|
Outro |
---|
Título | Barón |
---|
Cónxuxe | Cosima Wagner (1859–1869) Marie von Bülow |
---|
Fillos | Daniela von Bülow (pt) () Cosima Wagner (pt) Blandine Gravina (pt) () Cosima Wagner (pt) |
---|
Pais | Karl Eduard von Bülow e Franciska Stoll (en) |
---|
Irmáns | Isidora von Bojanowski (en) |
---|
Premios |
|
|
Pechar