Hebe de Bonafini
activista arxentina / From Wikipedia, the free encyclopedia
Hebe Pastor de Bonafini, nada en Ensenada (provincia de Bos Aires) o 4 de decembro de 1928 e finada na Plata o 20 de novembro de 2022, foi unha activista arxentina e unha das fundadoras da asociación Nais da Praza de Maio, organización de nais de detidos-desaparecidos durante o autodenominado Proceso de Reorganización Nacional, a ditadura que gobernou a Arxentina entre 1976 e 1983, e da Fundación Nais de Praza de Maio, da cal dependen un instituto universitario privado, un xornal, unha radio, unha casa cultural, unha libraría e administra un centro cultural onde antes se encontraba o centro clandestino da ESMA.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Hebe María Pastor Bogetti 4 de decembro de 1928 Ensenada, Arxentina (pt) |
Morte | 20 de novembro de 2022 (93 anos) La Plata, Arxentina |
Lugar de sepultura | Pirámide de Mayo (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | activista , Activista polos dereitos humanos |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Pechar