Himno de Riego
From Wikipedia, the free encyclopedia
O himno de Riego é unha marcha militar de inspiración dos tradicionais himnos militares, de ton similar ao pasodobre e á "Marsellesa", referentes no século XIX. Composto por José Melchor Gomis e dedicado ao tenente coronel Rafael del Riego, foi o himno de España durante o trienio liberal de 1820-1823 e na Segunda República Española. Durante a primeira guerra carlista as tropas liberais entoábano, mais prohibiuse nos tempos de Fernando VII e en parte do goberno de Sabela II.
Himno de Riego | |
---|---|
Himno de | Segunda República Española |
Letra | Evaristo San Miguel 1820 |
Música | José Melchor Gomis 1822 |
Adoptado | 1822, 1873 e 1931 |
Até | 1823, 1874 e 1939 |
Mostra da música | |
Riego, símbolo do liberalismo español no século XIX e comezos do XX, ergueuse contra o goberno absolutista de Fernando VII en Las Cabezas de San Juan, Sevilla, o 1 de xaneiro de 1820. Intentaba instaurar un réxime constitucional, coa Constitución de Cádiz de 1812, coñecida como "La Pepa", como norma básica.