Historia da Coruña
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Coruña érguese nunha península situada na entrada dunha ría nun amplo golfo, o Portus Magnus Artabrorum dos xeógrafos clásicos. O territorio que abrangue o actual concello da Coruña foi sucesivamente poboado en época castrexa e romana, pero é a comezos do século XIII cando a cidade é refundada na localización orixinal da Cidade Vella ao sueste da península. Co paso dos séculos a cidade estenderase progresivamente a través do tómbolo cara ao continente.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2020.) |