IKEA
From Wikipedia, the free encyclopedia
IKEA é unha corporación multinacional de orixe sueca, fundada en 1943 en Småland, adicada á venda retallista de mobles e obxectos para o fogar e decoración a baixo prezo e deseño contemporáneo. A estrutura organizativa da empresa é opaca e confusa.[Cómpre referencia] A marca IKEA pertence a unha fundación con sede nos Países Baixos, baixo o control da familia Kamprad, e que cobra un canon a cada tenda pola súa operación. Á súa vez, as tendas e algunhas fábricas son propiedade de distintas empresas e fundacións interrelacionadas entre si e supostamente tamén controladas pola familia Kamprad, pero cuxa estrutura societaria real non se desvelou completamente.[Cómpre referencia]
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2020.) |
IKEA International Group | |
---|---|
Tipo | Privada |
Fundación | 1943 |
Localización | Leiden, Holanda Meridional Países Baixos |
Persoas clave | Ingvar Kamprad, (fundador) Anders Dahlvig, (presidente) Hans Gydell, (vicepresidente) |
Industria | Mobiliario |
Beneficio | 35 074 millóns de € (2016) |
Número de empregados | 194 000 (2016) |
Na rede | |
https://www.ikea.com/us/en, https://ikea.ca e https://www.ikea.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
É unha das principais empresas en fabricación de mobles. En 2007 contaba con 238 tendas en 34 países e emprega a 104.000 traballadores en 44 países. A súa casa matriz está na cidade de Älmhult, Suecia.
A empresa é considerada unha icona do deseño contemporáneo e unha das máis prestixiosas e innovadoras. O seu exitoso modelo é motivo de estudo nas escolas de negocios.