Illa Brava
From Wikipedia, the free encyclopedia
Brava é unha illa e concello do Sotavento de Cabo Verde. A súa maior poboación é a vila de Nova Sintra. O único concello da illa ten cerca de sete mil habitantes. Con 67 km², Brava é a menor das illas habitadas de Cabo Verde, e ten unha densidade de poboación de 101,49/km².
A illa ten unha escola, un instituto, unha igrexa e unha praza, a Praça Eugénio Tavares.