Illa de Providencia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Illa de Providencia é unha illa do mar Caribe de 17 km² que pertence ao Arquipélago de San Andrés, Providencia e Santa Catalina e é territorio do municipio de Providencia dentro do departamento.
Máis información Localización, Datos ...
Illa de Providencia | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Localización | |||||
Arquipélago de San Andrés, Providencia e Santa Catalina | |||||
Datos | |||||
Capital | |||||
País | Colombia | ||||
Linguas | |||||
Poboación (2007) | 5.000 hab. | ||||
Superficie | 17 km² | ||||
Densidade | |||||
Coordenadas | 13°20′56″N 81°22′29″O | ||||
Maior Altura | 360 m. El Pico |
Pechar
Pertence a Colombia, e pola súa extensión en quilómetros cadrados é a segunda en tamaño do departamento; ten 7 km de longo e 4 km de ancho. Localízase a 90 km ao norte da illa de San Andrés. A illa foi por moito tempo un lugar tranquilo e non tivo os efectos do turismo. Con todo o incremento do turismo e en particular do turismo ecolóxico puxérona na mira do interese dos visitantes. Tanto o mergullo como o esnórquel son moi practicados debido aos arrecifes de coral, a riqueza de fauna e flora mariña e as augas transparentes.