Imperio Anxevino
From Wikipedia, the free encyclopedia
O termo Imperio Anxevino[1] é un termo moderno que describe o conxunto de estados gobernados nalgún momento pola dinastía anxevina Plantagenet. Os Plantagenet gobernaron sobre unha área que se estendía dos Pireneos a Irlanda durante os séculos XII e XIII. O "imperio" abranguía máis ou menos a metade occidental da Francia medieval, toda Inglaterra e toda Irlanda. Porén, a pesar do seu poder, os Plantagenet foron derrotados por Filipe Augusto, da Casa dos Capetos, que partiu o imperio en dous tras desposuílos de Normandía e Anjou. Esta derrota sementaría o terreo para as guerras de Saintonge e dos Cen Anos.
Datos rápidos Localización, Poboación ...
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Poboación | ||||
Lingua oficial | francês antigo (pt) | |||
Datos históricos | ||||
Creación | 1154 | |||
Disolución | 1242 | |||
Sucedido por | Reino de Francia | |||
Pechar