Ipiales
cidade e concello de Nariño, Colombia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Ipiales é un concello colombiano que se atopa no departamento de Nariño. Atópase sobre a fronteira con Ecuador; no Nó dos Pastos, no altiplano andino; relativamente preto da costa do océano Pacífico (aproximadamente a 5 horas en bus), ó pé de monte amazónico e á liña equinoccial; sendo unha rexión panamazónica.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamentos | Nariño | |||
Poboación | ||||
Poboación | 169.864 (2024) (99,51 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 1.707 km² | |||
Bañado por | Río Guáitara | |||
Altitude | 2.900 m | |||
Creación | 1581 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | ipiales-narino.gov.co |
A cidade e a municipalidade forman parte da conurbación binacional Tulcán-Ipiales onde viven 196.630 habitantes, aínda que estes datos poderían ser máis elevados xa que a cifra dada para o conello de Ipiales corresponde ó censo 2005 e a do cantón de Tulcán do censo 2010. Segundo estimacións para o 2012 a poboación de ambas as cidades aglomeradas é de ao redor de 260 000 de habitantes, e é por tanto a área metropolitana fronteiriza máis poboada da fronteira ecuatoriana e a segunda máis poboada de fronteiras colombianas; tendo Ipiales para o ano 2016 unha poboación estimada de 141 863 habitantes aproximadamente segundo as proxeccións do DANE.