Irmán
un de dous ou máis individuos que comparten un ou dous pais / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un irmán é unha persoa que con respecto a outra ten os mesmos pais, ou soamente o mesmo pai ou a mesma nai. Este termo é utilizado xeralmente para referirse a dúas ou máis persoas xeneticamente emparentadas, aínda que non necesariamente este ten que ser o caso, posto que pode haber un ou máis irmáns que sexan adoptados polos seus pais.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2016.) |
Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. Vexa na páxina de discusión que aspectos son os que precisan revisión. (Desde agosto de 2016.) |
Na maioría das sociedades do mundo os irmáns usualmente crecen xuntos e pasan xuntos gran parte da nenez e mocidade, polo que poden ter conflitos (frecuentemente asócianse estes conflitos a unha verdadeira irmandade, algunhas frases como: «se non se pelexan, non son irmáns» apoian dita idea). A proximidade e o trato que os irmáns teñan entre si estarán marcados polo desenvolvemento de fortes asociacións emocionais tales como amor e inimizade. O lazo entre irmáns é a miúdo moi complicado e ás veces está influído por factores tales como o trato dos pais, a orde de nacemento, a xente e as experiencias vividas fóra da familia.[Cómpre referencia]
O termo é usado para definir aos membros dunha comunidade relixiosa, por exemplo moitas das ordes católicas, irmandade ou confraría.[Cómpre referencia]