Jerry Lucas
baloncestista estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Jerry Ray Lucas, nado o 30 de marzo de 1940 en Middletown, Ohio, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense da National Basketball Association (NBA). Foi seleccionado como elección territorial do Draft de 1962 polos Cincinnati Royals (actuais Sacramento Kings), onde xogaría até 1969. No seu primeiro ano como profesional gaña o premio ao Rookie do Ano. Con todo, o seu maior éxito foi noutro equipo, xa que consegue facerse co anel de campión da NBA en 1973 cos New York Knicks. A nivel individual, tamén foron destacábeis as súas sete presenzas no All-Star, sendo nomeado mellor xogador do partido (MVP) en 1965. Tamén foi votado en 1996 como uns dos "cincuenta mellores xogadores da historia da NBA" e admitido no Basketball Hall of Fame como xogador en 1980 e como parte do equipo olímpico de 1960, con quen conseguiu a medalla de ouro, en 2010.
Jerry Lucas | |
---|---|
Posición | Ala-pivote / Pivote |
Dorsal | 16, 47, 32 |
Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
Peso oficial | 104 kg (230 lb) |
Nacemento | 30 de marzo de 1940 (84 anos) Middletown, Ohio |
Carreira | |
Universidade | Ohio State |
NBA Draft | 1962 / Elección: Territorial Por Cincinnati Royals |
Tempadas | 1962–1974 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 14 053 (17,0 pp) |
Rebotes | 12 942 (15,6 pp) |
Asitencias | 2 732 (3,3 pp) |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
| |
Basketball Hall of Fame como xogador | |