José Luis Escrivá
From Wikipedia, the free encyclopedia
José Luís Escrivá Belmonte, nado en Albacete o 5 de decembro de 1960, é un economista español, actual ministro de Transformación Dixital dende 2023 e anteriormente ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións do Goberno de España dende 2020 ata 2023.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Luis Escrivá Belmonte 5 de decembro de 1960 (63 anos) Albacete, España |
Minister for Inclusion, Social Security and Migration (en) | |
13 de xaneiro de 2020 – Gabinete ministerial: segundo goberno de Pedro Sánchez | |
Presidente EU Independent Fiscal Institutions Network (en) | |
24 de setembro de 2015 – | |
Presidente Independent Authority for Fiscal Responsibility (en) | |
21 de febreiro de 2014 – | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid - licenciatura en Ciencias Económicas Banco de España |
Actividade | |
Ocupación | economista , político , Auditor fiscal (pt) |
Partido político | político independente |
Lingua | Lingua castelá |
Premios | |
Experto en econometría, foi presidente da Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (AIReF) dende 2014 até 2020. Tamén desempeñou a presidencia da Rede de Institucións Fiscais Independentes da Unión Europea entre 2015 e 2019. Tamén ocupou entre outros cargos os de xefe da División de Política Monetaria do Banco Central Europeo entre 1999 e 2004 e director para as Américas do Banco Internacional de Pagos.
No 2020, liderou o proxecto do Ingreso Mínimo Vital (IMV), a prestación económica garantida polo Goberno de España a aquelas persoas vulnerables que carecen de recursos económicos e que entrou en vigor o 1 de xuño do mesmo ano.