José Luis Fidalgo Veloso
futbolista español / From Wikipedia, the free encyclopedia
José Luis Fidalgo Veloso, coñecido simplemente como Veloso, nado en Santiago de Compostela o 23 de marzo de 1937 e finado o 13 de novembro de 2019, foi un futbolista galego. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española.
Veloso | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | José Luis Fidalgo Veloso | ||
Nacemento | 23 de marzo de 1937 | ||
Lugar de nacemento | Santiago de Compostela | ||
Falecemento | 13 de novembro de 2019 | ||
Altura | 167 centímetros | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
Águilas de Carretas | |||
1953–1955 | Eiriña | ||
1955 | Basquiños | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1955–1957 | Club Santiago | ||
1957–1958 | Club Turista | ||
1958–1965 | Deportivo da Coruña | 185 | (95) |
1965–1969 | Real Madrid | 32 | (15) |
1969–1970 | Ourense | 26 | (5) |
1970–1972 | Rayo Vallecano | 37 | (6) |
1972–1973 | Compostela | ||
Selección nacional | |||
1962–1963 | España | 4 | (3) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Foi un dos futbolistas máis destacados da historia do fútbol galego, destacando principalmente no Deportivo da Coruña, onde formou unha gran dupla goleadora con Amancio, ocupando na actualidade o terceiro lugar na táboa de máximos anotadores da historia do club, con 106 goles en 211 partidos. O seu rendemento na Coruña fixo que o fichase o Real Madrid de Miguel Muñoz, co que gañou tres ligas consecutivas e a Copa de Europa 1966/67. Posteriormente pasou polo Ourense e o Rayo Vallecano, retirándose finalmente no Compostela da súa cidade natal.