Khórtisia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A illa Khórtitsia (en ucraíno: Хо́ртиця Khortitsa; en ruso Хо́ртица Khortitsa) é unha grande illa localizada no río Dniéper, en Ucraína.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A illa xogou un papel importante na historia de Ucraína, especialmente na historia dos Cosacos de Zaporíia. Este histórico lugar está situado nos límites da moderna cidade industrial de Zaporíia, estendéndose desde o nordeste ao sueste ao longo de máis de 20 km, cunha anchura media de 2,5 km.
Ten unha flora e fauna únicas, incluíndo bosques de carballos e piñeiros, praderías e estepas, polo que na actualidade está protexida como reserva cultural nacional. A parte norte da illa é moi rochosa e relativamente alta (30 m sobre o leito do río) en comparación coa parte sur, que é baixa e adoito inundada polas augas do Dniéper.